Movemento da quenlla

VMv: ((4)) *

No xogo, as quenllas teñen un Valor de Movemento (VMv) de 4, polo que ao resultado da tirada do dado ten que sumar 4 para determinar os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda. Naturalmente, só se desprazan polo mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás quenllas cruzar os Eidos de mar (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eidos de mar (costeiros ou de mar aberto)

6 PtMv

Poden mergullarse a calquera profundidade e tamén asomar á superficie

Loita e Escape – VL: ((9)) / VE: ((10)) *

O Valor de Loita (VL) das quenllas é de 9, polo que nas Tiradas de Loita suma 9 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 8

As quenllas teñen 8 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a octava ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)