I- Explicación do taboleiro e compoñentes
Peóns e outras pezas do xogo de Sálvora
Mariño / Mariña
PX (controlado por un xogador ou xogadora)
Oestrimio / Oestrimia
PX (controlado por un xogador ou xogadora)
Can do Urco
Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)
Congro Porviso
Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)
Animais terrestres
Mamíferos, reptís, insectos terrestres e calquera outro animal incapaz de voar e que vive máis na terra que na auga. Inclúe mamíferos parcialmente acuáticos como a lontra ou o visón americano, e tamén os anfibios. Controlados polo DX ou polos PX, en caso de que obteñan unha Tirada de Comunicación exitosa con eles.
Animais voadores
Aves, insectos voadores e morcegos. Todas as aves existentes no territorio do Parque se inclúen neste grupo, independentemente de que algunhas pasén máis tempo en terra ou na auga que no aire. Controlados polo DX ou polos PX que logren unha de Tirada de Comunicación exitosa con eles.
Animais mariños
Peixes, cetáceos e invertebrados mariños (cefalópodos, crustáceos…). Controlados polo DX ou polos DX que logren unha Tirada de Comunicación exitosa con eles.
Embarcacións e Vehículos
Gamela dos soliños ou calquera outro vehículo que o DX decida introducir no xogo. Controlados polo PX capaz de pilotalos.
Moeda 1 - Trishekel púnico de prata
Peza ornamental (iman de neveira) que representa unha das moedas a localizar no taboleiro de Sálvora. A moeda como tal non se emprega no xogo, pois é unha peza imaxinaria que existe só como apunte na Folla de Dirección do Xogo da persoa que dirixe a partida. En todo caso, o xogador ou xogadora que a atopa pode coller esta peza para representar que está no seu poder.
Moeda 2 - Moeda da Traslatio (s.XII)
Como a outra “moeda”, esta é unha peza ornamental que representa a otra moeda a localizar no taboleiro.