Pardela cincenta

Movemento da pardela cincenta

VMv: (10) *

No xogo, as pardelas desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie do mar o da terra non cobren grandes distancias deste xeito. Os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en sobrevoar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Mergullarse – 5 m. no mesmo Eido

Aínda que non adoitan facelo, poden mergullarse no Eido de Mar onde se atopa ata unha profundidade de 5m se renuncia á Tirada de Movemento nesa quenda.

Loita e Escape – VL: (6) / VE: (11) *

O Valor de Loita (VL) das pardelas é de 6, polo que nas Tiradas de Loita suma 6 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 11, polo que nas Tiradas de Escape suma 11 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

As prdelas teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Galego