Movemento do murgaño

VMv: 3

Os murgaños móvense exclusivamente por terra. No xogo, teñen un Valor de Movemento (VMv) de 3 , polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda de movemento establécense engadindo 3 puntos ao resultado dunha tirada de dado.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos murgaños cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)

4 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 4 / VE: 10

A pesar do seu pequeno tamaño, os murgaños son criaturas feroces, polo que teñen un Valor de Loita (VL) de 3, polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 3

Os murgaños teñen 3 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a terceira ferida.

Galego
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.