Movemento dos Morcegos

VMv: (10) *

No xogo, os morcegos desprázanse exclusivamente voando, cun bonus á tirada de dado de (10). Como van voando, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido é o mesmo: 1 PtMv por cada Eidos de Terra e 3 PtMv por cada Eido de mar (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia)

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: (3) / VE: (10) *

O Valor de Loita (VL) dos morcegos é de (3), polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de (10), polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

Os morcegos teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)