Falcón peregrino

Movemento do falcón peregrino

VMv: (12) *

No xogo, os falcóns peregrinos desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie da terra (se ben prefiren as ponlas das árbores ou os cantís) non cobren grandes distancias deste xeito. Por ir voando, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: (11) nos picados, (9) nos ataques desde preto / VE: (12) *

O Valor de Loita (VL) dos falcóns peregrinos é de 11 no primeiro ataque (cando fai picados) e de 9 nos sucesivos, polo que nas Tiradas de Loita suma 11 ou 9, segundo corresponda, ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 12, polo que nas Tiradas de Escape suma 12 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

Os falcóns peregrinos teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Galego