III- Mecánica do xogo

Uso de animais aliados na Loita corpo a corpo

Se un PX ten un animal aliado no mesmo Eido no que está (xa sexa a súa montura ou simplemente estea canda el) e é atacado, pode elixir ao animal para realizar a Tirada de Defensa (empregando polo tanto o VL deste animal, e renunciando ao uso de calquera arma que poida levar o PX). En caso de dispor de varios animais aliados, o PX pode facer unha Tirada de Defensa por cada un deles e escoller o resultado maior. 

Do mesmo xeito, se un PX ataca a outro PX (nesta versión das regras non é posible que tome a iniciativa de atacar a unha criatura controlada polo DX) pode delegar nun seu animal aliado o ataque. Neste caso non ten por que estar no mesmo Eido que o PX ao que ataca, pois pode enviar a un animal aliado con esta misión. De novo, se ten varios animais aliados, pode facer unha Tirada de Ataque por cada un deles e elixir o resultado máis alto.

As consecuencias da loita para o animal aliado son distintas en función de que se empregue para unha Tirada Defensiva ou se envíe a atacar a outro PX:

♦   Se o animal fai unha Tirada Defensiva e resulta ferido, o PX deberá apuntar a ferida na súa propia Ficha de PX, xunto ao apunte dese animal na sección “Criaturas aliadas” (por exemplo: gaivota sombría, 1xLv)

♦   Se o animal fracasa na Tirada de Ataque contra outro PX, o animal desaparecerá.

Español