I- Aspectos xerais

Sobre as catro versións do xogo e o número de participantes

As illas das marabillas é un xogo que conta con catro versións, cada unha delas centrada nun dos arquipélagos que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Aínda que é posible organizar macropartidas con dous ou máis taboleiros de distintos arquipélagos entre os que poden viaxar os personaxes e animais do xogo, esta versión resumida do regulamento asume que cada partida vaise desenvolver nun só taboleiro. Nestas partidas poden participar entre 2 e 5 persoas. Unha delas asume o rol de Director ou Directora do Xogo (DX). As demais, denominadas PX (Persoas Xogadoras ou, cando se fai referencia aos peóns que lles serven de avatar no taboleiro, Personaxes Xogadores) poden elixir entre dúas clases de seres máxicos “xogables”, que son distintas en cada arquipélago, e que representan distintas especies de criaturas humanoides.

Español