III- Mecánica do xogo

Resultado na Tirada de Evento de “Moeda ou pista”

Cando un xogador obtén un resultado de “Moeda ou Pista” nunha Tirada de Evento, e ese xogador non está flotando sobre a superficie do mar nin voando (do contrario non poderían detectar a moeda no chan ou no fondo do mar), o Director ou Directora do Xogo (DX) consulta a Guía de Eidos para ver se no Eido no que está o PX está marcada a presenza dalgunha das moedas. Para isto ten que buscar en primeiro lugar a táboa correspondente á Rexión na que está o PX. Pode empregar o índice de Eidos que hai ao principio da sección da Guía de Eidos ou buscar directamente a táboa da Rexión que inclúe ese Eido. Unha vez localizada a táboa, na fila “Moeda” comprobará se nalgún Eido desa Rexión ten apuntada a presenza dunha moeda. En caso de ser así, e de corresponderse co Eido no que está o PX, este poderá recoller a Moeda No caso -moito máis probable- que non haxa unha moeda nese Eido, o DX dará unha pista da ubicación unha destas pezas ao PX.  Nas partidas competitivas, esta información pode ser transmitida en segredo a ese PX (ver Revelar a moeda ou pista de xeito segredo nas partidas competitivas)

Pistas sobre a ubicación das moedas

As pistas son calquera información que oriente aos PX na súa busca das moedas: por exemplo, se algunha destas se atopa na metade norte ou sur do taboleiro, se está no mar ou na terra, en que Tipo de Terreo se agocha -Eido de toxeiras, Eido de bosque, etc-… ou calquera outra indicación que axude aos PX. 

Estas pistas poden ser improvisadas por parte do Director ou Directora de Xogo, sempre que se trate de datos cada vez máis precisos. Non obstante, convén ter preparada unha Lista de Pistas como a que se propón a continuación.

Lista de Pistas

♦   Pista 1: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido de mar ou de terra.

♦   Pista 2: Igual que Pista 1, pero para a Moeda B

♦   Pista 3: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido costeiro (de mar ou de terra), ou non.

♦   Pista 4: Igual que Pista 3, pero para a Moeda B

♦   Pista 5: O DX revelará a Rexión na que se atopa a Moeda A. En caso de estar nun illote, sinalará o illote no mapa.

♦   Pista 6: Igual que Pista 5, pero para a Moeda B

♦   Pista 7: O DX revelará o Tipo de Terreo do Eido no que se atopa a Moeda A

♦   Pista 8: Igual que Pista 7, pero para a Moeda B

A partir das pistas 7-8, o DX xa non dará máis indicacións aos xogadores. Ante un resultado de “1” na Tirada de Evento, só poderá dicir se nese Eido se atopa a moeda ou non.

Español