III- Mecánica do xogo

Que son os animais aliados e como se conseguen

Denomínase animal aliado a un animal (tanto natural como máxico) que serve como montura a un PX ou que o axuda. Un PX pode ter varios animais aliados, e un mesmo animal aliado pode servir como montura do PX que o controla (sempre que o CT do PX sexa igual ou inferior ao CT do animal) ou actuar como o seu axudante (cando o PX non está a cabalgar sobre el).

Os animais axudantes poden moverse de xeito independente ao PX que os controla ou ben desprazarse ao seu carón . Tamén poden ser enviados a cumprir unha misión. 

Se un PX é atacado, e ten un ou varios animais aliados canda el, calquera deles pode facer a Tirada de Defensa en lugar do PX. En caso de dispor de varios animais aliados, o PX pode facer unha Tirada de Defensa por cada un deles e escoller o resultado maior. Se perde o combate, será o animal que fixo a Tirada de Defensa o que sofra o dano.

Os animais aliados tamén poden recoller a moeda e transportala. Neste caso, unha vez teñan a moeda deberán moverse sempre xunto ao PX (se é que non son a súa montura).

Converter un animal en animal aliado

♦   Se un PX atopa un animal amigable ou neutral, pode convertelo no seu aliado se supera unha Tirada de Comunicación con el. Se fracasa nesta Tirada, o animal desaparecerá (escapará).

♦   Se o animal que atopa é hostil, tamén pode tratar de convertelo no seu aliado, aínda que o proceso é máis arriscado, pois se fracasa na Tirada de Comunicación, o animal o atacará.

Unha vez se converte un animal en aliado, se ten a talla (CT) axeitada para ser empregado como montura, poderá ser cabalgado en calquera quenda sen necesidade de facer ningunha tirada para iso.

Español
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.