III- Mecánica do xogo

Movemento xunto a outro PX ou un animal axudante e movemento independente dos animais axudantes

Cando un PX se despraza acompañado por un ou varios animais axudantes (é dicir, cando vai a pé, non montado sobre el) ou xunto a outro PX, a Tirada de Movemento farase empregando o VMv da criatura máis lenta do grupo. Se un PX se move por terra ou polo mar e vai acompañado dunha ave, enténdese que esta o segue voando (ou pousada sobre o seu ombreiro ou sobre o carro ou embarcación no que vaia subido o PX). 

En todo caso, os animais axudantes non teñen por que moverse xunto ao PX que os controla. Poden seguir a súa propia ruta para evitar tipos de Eidos que non pode pasar (como os cantís, no caso dalgunhas especies). Nestas ocasións, o animal empregará as propias capacidades de movemento. As pezas dos animais axudantes son movidas polo xogador ou xogadora que os controla como se fosen o propio peón do PX, coa diferencia de que non fan Tiradas de Evento. En cambio, se os animais axudantes transportan algunha moeda, están obrigados a desprazarse xunto ao PX, aínda que vaian voando ou nadando ao seu carón.

Español