III- Mecánica do xogo

Aparición e desaparición de animais, monstros, PNX e SDI

Nesta versión das regras, as criaturas controladas polo DX só poden aparecer como resultado dunha Tirada de Evento. Unha vez aparecen nese Eido, e ten lugar -ou non- a interacción co PX que as atopa, simplemente desaparecen, salvo no caso dos animais cos que o PX teña logrado unha Tirada de Comunicación exitosa. Así, os animais, monstros e PNX que atacan a un PX, desaparecen unha vez resolta a Tirada de Loita (e a eventual Tirada de Dano), con independencia do resultado desa tirada. O mesmo acontece cos animais amigables ou neutrais que son ignorados polo PX ou cos que o PX non consegue un éxito nunha Tirada de Comunicación. Enténdese que foxen, se esconden ou simplemente se perden de vista por parte do PX. Poderán volver aparecer nese Eido se un PX obtén novamente un resultado na Tirada de Evento que así o indica.

Isto implica que as criaturas controladas polo DX non poden saír do Eido no que se atopan nin perseguir aos PX polo taboleiro. Só os animais convertidos en aliados por parte dos PX poden ser desprazados polo taboleiro, e neste caso serán controlados polos propios PX.

Os SDI só poden aparecer unha vez por partida para cada PX. Se un PX xa atopou a un SDI, non se lle volverá aparecer, aínda que obteña o resultado de SDI na Tirada de Evento.

Español