III- Mecánica do xogo

Tirada de Comunicación con Animal

A Tirada de Comunicación con Animal é unha tirada de dado para establecer se un PX logra controlar un animal. Realízase cando se quere convertir un animal en aliado. Tamén se pode empregar como xeito de evitar un ataque por parte dun animal hostil.

A Tirada de Comunicación con Animal pode resumirse do seguinte xeito:

PX: dado + modificador VcAn.

DX: dado.

É dicir: o PX Tira un dado e suma o Valor de Comunicación con ese Animal (VcAn) que teña na súa Ficha de PX, que pode ser positivo ou negativo, en función de que o animal sexa amigable ou hostil. Se o PX non ten especificado ningún VcAn con esa especie, enténdese que o animal é neutral para ese PX e non se aplicará ningún modificador ao resultado do dado na Tirada de Comunicación. A continuación, o DX tira o dado polo animal. Se a tirada do PX supera ou iguala á que fai o DX en nome do animal, a Tirada de Comunicación é exitosa. Se non a supera, fracasa.

Éxito ou fracaso na Tirada de Comunicación

a) Se un PX ten éxito na Tirada de Comunicación cun animal, este converterase no seu aliado, e a partir da seguinte quenda o PX poderá cabalgar sobre el (se o CT que ten o animal indicado na súa Ficha é igual ou superior ao do propio PX), facer que o acompañe ou envialo a cumprir misións.

b) Fracaso na Tirada de Comunicación por parte do PX:

♦   Se o animal é amigable ou neutral, desaparecerá.

♦   Se o animal é hostil, atacará inmediatamente ao PX.

Español