III- Mecánica do xogo

Tiradas de Loita corpo a corpo

Ante un ataque corpo a corpo, un PX pode elixir se tratar de conter o golpe cunha Tirada de Defensa ou evitalo e fuxir cunha Tirada de Escape. Se o ataque se produce por parte dun animal co que o PX tentou unha Tirada de Comunicación, o PX só poderá facer unha Tirada de Defensa.

Tirada de Ataque: O atacante tira o dado e suma o seu VL (Valor de Loita). En caso de que faga o ataque cunha arma que teña un bLA, engadirá ese valor. Se o atacante ten varias armas con bLA, pode elixir de cal delas usa o bLA para atacar.

A continuación, o PX atacado pode elixir se facer unha Tirada de Defensa ou unha Tirada de Escape.

♦   Tirada de Defensa: O defensor tira o dado e suma o seu VL. En caso de dispoñer dun arma longa ou un escudo, sumará o  bLD á tirada. 

♦   Tirada de Escape: O defensor tira o dado e suma o seu VE (Valor de Escape). Neste caso non pode sumar bLD ningún.

Así pois, as Tiradas de Loita corpo a corpo poden representarse coas seguintes fórmulas: 

Tirada de Ataque -vs- Tirada de Defensa:

Dado + VL do atacante (+ bLA da súa arma) – vs- dado + VL do defensor (+ bLD da súa arma ou escudo)

Tirada de Ataque -vs- Tirada de Escape:

Dado + VL do atacante (+ bLA da súa arma) – vs- dado + VE do que escapa

Consecuencias da Tirada de Loita corpo a corpo

En función do resultado, as consecuencias da tirada son as seguintes:

♦   Se o resultado da Tirada de Ataque é maior que o da Tirada de Defensa ou a Tirada de Escape, o ataque ten éxito. O atacante terá que facer unha Tirada de Dano para ver o impacto que ten no seu opoñente.

♦   Se o resultado da Tirada de Ataque é inferior ou igual ao da Tirada de Defensa ou a Tirada de Escape, o ataque fracasa. Se o atacante é unha criatura controlada polo DX, desaparecerá.

Español