III- Mecánica do xogo
Revelar a moeda ou pista de xeito segredo nas partidas competitivas
No caso das partidas competitivas, o DX pode dicirlle as pistas ao oído ao PX que as atopa, ou a través dun anaco de papel no que anote a pista. Incluso a información de se o PX atopa a moeda ou unha pista pode ser transmitida en segredo por parte do DX a un PX. Deste xeito, o resto dos xogadores e xogadoras non saberán nin sequera se o PX ten algunha moeda no seu poder.
Se a partida é colaborativa, a dirá en voz alta para todos os xogadores e xogadoras.