
III- MecƔnica do xogo
Tirada de Comunicación con Animal
A Tirada de Comunicación con Animal Ć© unha tirada de dado para establecer se un PX logra controlar un animal. RealĆzase cando se quere convertir un animal en aliado. TamĆ©n se pode empregar como xeito de evitar un ataque por parte dun animal hostil.
A Tirada de Comunicación con Animal pode resumirse do seguinte xeito:
PX: dado + modificador VcAn.
DX: dado.
à dicir: o PX Tira un dado e suma o Valor de Comunicación con ese Animal (VcAn) que teña na súa Ficha de PX, que pode ser positivo ou negativo, en función de que o animal sexa amigable ou hostil. Se o PX non ten especificado ningún VcAn con esa especie, enténdese que o animal é neutral para ese PX e non se aplicarÔ ningún modificador ao resultado do dado na Tirada de Comunicación. A continuación, o DX tira o dado polo animal. Se a tirada do PX supera ou iguala Ô que fai o DX en nome do animal, a Tirada de Comunicación é exitosa. Se non a supera, fracasa.
Ćxito ou fracaso na Tirada de Comunicación
a) Se un PX ten éxito na Tirada de Comunicación cun animal, este converterase no seu aliado, e a partir da seguinte quenda o PX poderÔ cabalgar sobre el (se o CT que ten o animal indicado na súa Ficha é igual ou superior ao do propio PX), facer que o acompañe ou envialo a cumprir misións.
b) Fracaso na Tirada de Comunicación por parte do PX:
ā¦Ā Ā Se o animal Ć© amigable ou neutral, desaparecerĆ”.
ā¦Ā Ā Se o animal Ć© hostil, atacarĆ” inmediatamente ao PX.