I- Limiar

Sobre esta edición das regras

RB-L (RB-Lite) é unha adaptación do Regulamento Básico do xogo Illas das Marabillas (publicada en outubro de 2023), que revisa e simplifica algúns aspectos destas regras. Está pensada para facilitar a aprendizaxe da mecánica básica, e polo tanto simplifica as formas de movemento polos distintos tipos de Eido; exclúe a posibilidade de que as criaturas controladas pola persoa encargada da Dirección do Xogo poidan moverse fóra dos Eidos onde aparecen, e prescinde de elementos como os cambios na meteoroloxía, as mareas e a exploración de Lugares como Furnas, Covas ou túneles subterráneos. Recoméndase comezar a xogar con este regulamento, que irase ampliando coa introdución dos aspectos excluídos e novas especies de flora, fauna e seres máxicos.

English (UK)