III- Mecánica do xogo

Resultado na Tirada de Evento de “Planta especial”

♦   Se o PX non está no aire, o resultado de 3 na Tirada de Evento indica a posibilidade de atopar unha planta especial (plantas terrestres ou algas). O DX deberá localizar na Guía de Eidos a Rexión na que está o PX e comprobar se nos Eidos desa Rexión, ou no Eido concreto no que está o PX, hai algunha especie vexetal marcada. 

♦   Se o PX está sobre a superficie do mar só poderá encontrar as algas que estean flotando nas ondas.

♦   Se o PX está no aire (a lombos dunha montura voadora ou en condicións de Movemento Errante por Aire) o resultado de 3 na Tirada de Evento non terá ningún efecto.

Apañar as plantas especiais

Cada unha das especies nomeadas na Táboa de Flora ten a súa correspondente ficha na sección “Fichas” das Follas de Dirección do Xogo, onde se indican as súas propiedades. Cando un PX atopa unha planta especial debe apuntalo na súa Folla de Personaxe ou anaco de papel. 

En realidade, os PX non cortan os talos nin as flores ou follas, limítanse a capturar o “arrecendo” das plantas terrestres (que é unha especie de esencia máxica que gardan en frasquiños de cristal) ou a recoller as algas soltas que flotan por riba ou por baixo da auga.

English (UK)