III- Mecánica do xogo
Resultado na Tirada de Evento de “Obxecto”
♦  Se un xogador ou xogadora obtén un resultado de “Obxecto” nunha Tirada de Evento, e non vai voando (dende o aire non atopará nada), o Director ou Directora do Xogo (DX) consulta a GuÃa de Eidos para ver se no Eido no que está o PX hai algún obxecto. En caso de ser asÃ, debe comprobar tamén se hai algunha limitación ao tipo de PX que o pode atopar: cando na GuÃa de Eidos aparece escrito, por exemplo “o PX soliño atopa…”, significa que calquera outro tipo de PX non atopará nada.Â
♦  Se o PX está sobre a superficie do mar, só atopará os obxectos que poida haber flotando, pois para encontrar calquera elemento situado no fondo terÃa que ter feito unha inmersión no canto dunha Tirada de Movemento.Â
Nesta versión das regras, os obxectos só poden ser armas, armaduras ou vehÃculos. Cada obxecto ten a súa propia ficha na sección “Fichas” das Follas de Dirección do Xogo, onde se recollen as súas caracterÃsticas.Â
Apuntar o Obxecto atopado na Ficha de Personaxe
Cando un PX atopa un obxecto, o apuntará na súa Ficha de Personaxe na sección “Obxectos”. Tamén pode apuntalo nunha folla de papel ou caderno. A persoa encargada da Dirección de Xogo informará a ese xogador ou xogadora das caracterÃsticas dese obxecto que figuran na ficha do mesmo. Se o desexa, o PX pode tomar nota destas caracterÃsticas na mesma Ficha de PX ou nunha folla de papel. En todo caso, cando se faga uso dese vehÃculo, arma ou armadura, o DX consultará a ficha do obxecto para aplicar os modificadores e regras particulares que correspondan.
Rango de CT necesario para empregar vehÃculos, armas e armaduras
Cando un PX atopa un vehÃculo a través dunha Tirada de Evento, pode simplemente subir enriba del e pilotalo seguindo as regras de movemento que se indican na ficha dese vehÃculo. Se o PX vai acompañado dalgún animal aliado ou doutro PX, estes poden subir con el ao vehÃculo, sempre que non se supere a carga máxima indicada na ficha do mesmo. A carga total que representan as criaturas que se soben a bordo obtense sumando os valores de CT (CategorÃa de Tamaño) que veñen na ficha de cada criatura.Â
Durante o seu traxecto nun vehÃculo, un PX pode recoller a outro PX e/ou a animais aliados. Para iso, simplemente ten que deter o seu movemento no Eido onde estean os que quere subir a bordo.