III- Mecánica do xogo
Que son os animais aliados e como se conseguen
DenomÃnase animal aliado a un animal (tanto natural como máxico) que serve como montura a un PX ou que o axuda. Un PX pode ter varios animais aliados, e un mesmo animal aliado pode servir como montura do PX que o controla (sempre que o CT do PX sexa igual ou inferior ao CT do animal) ou actuar como o seu axudante (cando o PX non está a cabalgar sobre el).
Os animais axudantes poden moverse de xeito independente ao PX que os controla ou ben desprazarse ao seu carón . Tamén poden ser enviados a cumprir unha misión.Â
Se un PX é atacado, e ten un ou varios animais aliados canda el, calquera deles pode facer a Tirada de Defensa en lugar do PX. En caso de dispor de varios animais aliados, o PX pode facer unha Tirada de Defensa por cada un deles e escoller o resultado maior. Se perde o combate, será o animal que fixo a Tirada de Defensa o que sofra o dano.
Os animais aliados tamén poden recoller a moeda e transportala. Neste caso, unha vez teñan a moeda deberán moverse sempre xunto ao PX (se é que non son a súa montura).
Converter un animal en animal aliado
♦  Se un PX atopa un animal amigable ou neutral, pode convertelo no seu aliado se supera unha Tirada de Comunicación con el. Se fracasa nesta Tirada, o animal desaparecerá (escapará).
♦  Se o animal que atopa é hostil, tamén pode tratar de convertelo no seu aliado, aÃnda que o proceso é máis arriscado, pois se fracasa na Tirada de Comunicación, o animal o atacará.
Unha vez se converte un animal en aliado, se ten a talla (CT) axeitada para ser empregado como montura, poderá ser cabalgado en calquera quenda sen necesidade de facer ningunha tirada para iso.