III- Mecánica do xogo

Monturas acuáticas

Todos os PX poden viaxar a lombos de animais mariños que nadan a rentes da superficie e, coa excepción dos oestrimios, tamén poden mergullarse agarrados a animais capaces de facer inmersións, sempre e cando non se supere o número de quendas que ese PX pode resistir baixo a auga (dúas quendas para os almuices, unha para rabusos, soliños, mouros, carcamáns e xente cativa e sen límite para os mariños). Os PX de maior tamaño adoitan aferrarse aos arroaces, mentres os rabusos e almuices prefiren os corvos mariños, gaivotas ou mascatos, aos que acompañan nos seus espectaculares picados sobre a auga. Os minúsculos oestrimios e a xente cativa prefire empregar pequenas embarcacións.

English (UK)