III- Mecánica do xogo
Glossary
Animal aliado: animal axudante ou montura dun PX. Un PX pode converter un animal en aliado seu se consegue unha Tirada de Comunicación exitosa con el. Tamén pode gañar un animal aliado se outro PX lle cede o control dun dos seus animais aliados.
Animal amigable: un animal é amigable para un PX cando ese PX ten modificador de VcAn positivo para ese animal. Os animais que son amigables para un PX veñen listados na súa Ficha de PX.
Animal axudante: animal aliado que acompaña a un PX, o asiste, ou é enviado a algunha misión por este. Pode ser ademais a súa montura, sempre que sexa dun tamaño (CT) igual ou superior ao PX.
Animal hostil: un animal é hostil para un PX cando ese PX ten modificador de VcAn negativo para ese animal. Os animais que son hostís para un PX veñen listados na súa Ficha de PX.
Animal máxico: Animais que non existen no “mundo real”. Os animais máxicos das Illas das Marabillas están tomados do folclore galego.
Animal natural: Os animais naturais son as especies que podemos atopar nas illas no “mundo real”. A súa presenza e distribución está tomada dos estudos sobre a fauna do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Animal neutral: un animal é neutral para un PX cando ese PX non ten modificador de VcAn nin positivo nin negativo para ese animal (é dicir, o seu VcAn con ese animal é 0). Os animais que son neutrais para un PX son todos aqueles que non veñen listados na súa Ficha de PX nin como amigables nin como neutrais.
bLA: Bonus de Loita de ataque. Emprégase nas Tiradas de Ataque sumándose ao VL do atacante. É propio das armas medias e longas.
bLD: Bonus de Loita de defensa. Emprégase nas Tiradas de Defensa sumándose ao VL do defensor. É típico dos escudos, se ben as armas longas tamén teñen un mínimo bL.
bLO: Bonus de Loita de obxectivo. Emprégase nas Tiradas de Obxectivo sumándose ao VE do obxectivo, como resposta a unha Tirada de Ataque a Distancia. Só o teñen os escudos.
Criatura: calquera personaxe ou animal do xogo: PX, animal natural, animal máxico, monstro, PNX ou SDI.
CT: Categoría de Tamaño. Parámetro que clasifica as criaturas do xogo en función da súa talla, volume ou masa corporal. Un maior nivel de CT dunha criatura indica un tamaño maior. Esta categorización emprégase en distintos aspectos da partida, por exemplo, para determinar se un personaxe pode cabalgar un determinado tipo de animal ou cargar con outra criatura.
Don: Un Don é unha gracia ou agasallo que un Señor ou Señora das Illas concede a un PX. Poden ser obxectos especiais de carácter máxico, capacidades extraordinarias ou calquera outro elemento que lles axude pescuda das moedas. Cada PX só pode recibir un Don por partida.
DX: persoa que prepara a partida e que coñece a localización das moedas, os tesouros e as ameazas agochadas no mapa a través da Guía de Eidos. Controla os animais, monstros e Personaxes Non Xogadores (PNX). Tamén representa aos Señores das Illas. Actúa como árbitro das partidas e ten a última palabra en todas as situacións onde pode haber distintas interpretacións dunha regra ou dunha situación dada.
Eido: chámanse así, con maiúscula, cada unha das porcións numeradas en que está dividido o taboleiro, tanto no mar como na terra.
Lar: Fogar, asentamento ou gorida do pobo ao que pertence un PX. Cada PX comeza a partida nun Lar do seu pobo, e a el debe acudir a sandar as feridas ou a depositar as moedas que atope. Nas partidas colaborativas, calquera PX pode ir a calquera Lar a curar ou a levar as moedas.
Montura: animal aliado sobre o que o PX pode cabalgar. Debe ter un valor de CT (Categoría de Tamaño) igual ou superior ao PX para poder ser a súa montura. Todas as monturas poden funcionar tamén como animais axudantes.
nA: Nivel de Ataque. Representa a capacidade de infrinxir dano dunha criatura co seu corpo (brazos, pernas, patas, garras, dentes, bico etc.) ou a letalidade dunha arma. O nA emprégase nas Tiradas de Dano por parte do atacante que superou ao seu rival nunha Tirada de Ataque. Se un personaxe empregou unha arma no ataque, sumará o nA desa arma ao seu nA propio na Tirada de Dano.
nR: Nivel de Defensa. Determina a capacidade dun personaxe, animal ou armadura de soportar un golpe. Emprégase nas Tiradas de Dano por parte da vítima do golpe. Os personaxes que levan unha armadura, sumarán o nR desta ao seu propio nR.
PNX: Personaxes Non Xogadores. Personaxes controlados polo Director ou Directora do Xogo (DX). Nesta versión das regras son sempre hostís aos PX.
Pousa ou Parada: cada un dos círculos brancos que se atopan impresos sobre os camiños. Son os puntos entre os que se desprazan os actores que viaxan por eles. Un personaxe ou animal que se despraza por un camiño só pode contar os Puntos de Movemento (PtMv) sobre estes círculos, deténdose na Pousa na que se consuman todos os seus PtMv.
PtMv: Puntos de Movemento. Unidades de Movemento que un personaxe ou animal pode gastar nunha quenda de movemento para avanzar polo taboleiro. Cada tipo de personaxe ou animal debe “pagar” unha cantidade determinada de Puntos de Movemento por atravesar un determinado Tipo de Eido. Por exemplo, a un animal pode custarlle 1 Punto de Movemento cada Eidos de Terra que atravesa, pero por cada Eido de Mar pode ter que pagar 3 PtMv. Os Puntos de Movemento se obteñen sumando ao resultado dunha tirada de dado o VMv (Valor de Movemento).
PX: Xogador/a ou Personaxe Xogador/a. Cada unha das persoas que participan no xogo como exploradores á procura das moedas, así como os seus avatares no mundo do xogo. Cada arquipélago ten dúas especies de seres máxicos “xogables”.
Rexión: As Rexións son conxuntos de Eidos. Neste regulamento, as Rexións só teñen a función de serviren para agrupar os Eidos na Guía de Eidos e como referencia para a localización das moedas. No trasfondo do xogo, as Rexións son divisións territoriais de carácter histórico para os seres máxicos. Algunhas delas derivan de antigos territorios tribais, condados ou mesmo pequenos reinos, aínda que o seu tamaño é comparable ao das parroquias da Galicia rural.
Rolda: cada un dos ciclos da partida no que xogadores/as e DX realizan a súa quenda.
SDI: Señor ou Señora das Illas. Personaxes máxicos que gobernan sobre os ecosistemas das illas. Cada arquipélago ten o seu Señor ou Señora, que concederá un Don a cada PX que a atope.
VcAn: Valor de Comunicación con Animal. Modificador que se engade a unha Tirada de Comunicación con Animal por parte dun PX. Pode ser positivo (se o animal é amigable para ese PX), negativo (se é hostil) ou ter un valor de 0 (se o animal é neutral).
VE: Valor de Escape. Súmase ao resultado do dado nas Tiradas de Escape cando un personaxe ou animal opta por reaccionar así ante un ataque.
VL: Valor de Loita. Súmase ao resultado do dado nas Tiradas de Ataque e nas Tiradas de Defensa. Hai que ter en conta que este parámetro non representa a forza do personaxe, animal ou monstro, mais só a súa capacidade de impactar nun ataque ou evitar ser impactado polo seu opoñente. A letalidade do impacto vén dada polo nA desa criatura, e a súa capacidade de soportar un golpe, polo seu valor de nR.
VMv: Valor de Movemento. Puntos que se suman ao resultado do dado para obter o total de Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón un personaxe ou animal nunha quenda. Este valor non se aplica aos casos nos que unha criatura precisa igualar ou superar un resultado do dado para saír dun Eido (por exemplo: se precisa un valor de 6 para saír dun Eido de Cantís).
xFt: Ferida Fulminante (v. Feridas).
xGv: Ferida Grave (v. Feridas).
xLv: Ferida Leve (v. Feridas).
xMt: Ferida Mortal (v. Feridas).
xSh: Shock (v. Feridas).