IV- Mecánica do xogo
Comportamento dos animais naturais
No xogo, os animais naturais deben comportarse do xeito máis próximo ao que resultarÃa razoable tendo en conta a súa natureza, máis alá de que estarán sempre máis abertos á colaboración cos seres máxicos do que o están cos humanos.
AsÃ, só os animais que poderÃan ser depredadores dun PX que se interna no seu Eido, ou que teñen un forte instinto territorial, atacarán ao intruso. Algúns insectos, como as avespas, as arañas ou as formigas, non dubidarán en “picar” a calquera criatura pola que se sintan ameazadas, con independencia do seu tamaño. Outras criaturas, como os paxaros frinxÃlidos, os coellos, os ratos, os anfibios ou as lagartas, nunca atacarán a un animal ou PX dunha talla maior á súa, e farán unha Tirada de Escape ao ser atacados ou sentirse en perigo ante unha Tirada de Comunicación fracasada. Algúns animais exhibirán reaccións defensivas particulares, como é o caso dos ourizos, que se enrolan en forma dunha bola de pinchos para disuadir ao seu rival. En cambio, as mesmas especies terán unha actitude máis agresiva ante animais ou PX máis pequenos que eles, como acontece cos propios ourizos ou coas lagartas, anfibios ou ratos fronte a insectos, xente cativa e oestrimios.
En caso de dúbida ou desacordo entre as persoas participantes no xogo sobre o comportamento dun animal, deberá discutirse cal é a opción máis razoable en base a argumentos ou datos verÃdicos (pode facerse unha rápida busca na rede ou recorrer aos coñecementos de cada xogador ou xogadora) sobre se un animal pode ou non manifestar unha determinada conduta. Se a discrepancia persiste ou non se quere ou pode buscar información especÃfica, aplicarase como criterio xeral que ningún animal que non sexa un depredador, un mamÃfero de gran tamaño (como os xabarÃns ou os cervos) ou un insecto “que pica”, atacará nunca a outro máis grande que el.