I- Aspectos xerais

As pezas do xogo

Peóns de Cíes

Soliño / Soliña

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Rabuso / Rabusa

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Lontra de Tirán

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Raposa do Morrazo

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Moedas de Cíes

Moeda 1 - Coroa de Ouro de Isabel I de Inglaterra

Esta peza é un vestixio do paso do corsario Francis Drake e a súa tripulación polas illas Cíes, nos seus ataques contra Galicia do ano 1585. 

Moeda 2 - Real de a Oito do Santo Cristo de Maracaibo

Antiga moeda que as correntes arrastraron polos fondos mariños logo do afundimento do galeón español Santo Cristo de Maracaibo, que se afundiu  na boca da ría no contexto da batalla de Rande de 1702. 

Peóns de Ons

Mouro / moura

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Almuiuz/almuiuza

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Raposa do Morrazo

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Can do Urco

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Moedas de Ons

Moeda 1 - Denario de Ouro Almorábide de Ben Iusuf

Trátase dunha peza de ouro almorábide, perdida durante as razzias destas xentes polas rías Baixas en 1085 e 1119-1120, cando foron derrotados polas galeras de Xelmírez.

Moeda 2 - Denario romano de prata

Disque esta moeda romana chegou ata os fondos mariños en torno a illa de Ons a bordo dalgunha das naves coas que Xulio César percorreu a costa galega en torno ao ano 60 a.C., cando buscaba recursos e glorias militares para continuar o seu ascenso político en Roma. No xogo, este denario tería sido lanzada ao mar por algún lexionario romano supersticioso que buscaba sorte na súa singradura cara ás Cíes, onde, segundo a tradición historiográfica, Xulio César loitou contra o pobo dos herminios.

Peóns de Sálvora

Mariño / Mariña

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Oestrimio / Oestrimia

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Can do Urco

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Congro Porviso

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Moedas de Sálvora

Moeda 1 - Trishekel púnico de prata

Nalgún punto dos fondos que bañan Sálvora e os seus illoes, permanece oculta unha unha antiquísima peza de prata perdida por algún dos comerciantes púnicos que no primeiro milenio a.C. atracaban no peirao de Punta Covasa, en Aguiño, no actual Concello de Ribeira, dúas millas ao norte de Sálvora. 

Moeda 2 - Moeda da Traslatio

Está na zona terrestre de Sálvora, ou en calquera creba nas rochas dos illotes que a rodean. Se trata dunha peza de orixe medieval moi singular, pois representa a barca que, segundo o Códice Calixtino, trouxo os restos do Apóstolo Santiago a Galicia. É moi semellante á famosa peza de prata do s.XII achada en Adro Vello (O Grove), que se converteu nunha das iconas do Xacobeo 2021-22.

Peóns de Cortegada

Carcamán / Carcamá

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Xente Cativa

PX (controlado por un xogador ou xogadora)

Can do Urco

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Congro Porviso

Monstro (controlado pola persoa encargada da Dirección do Xogo)

Moeda de Cortegada

Moeda - Peza viquinga de prata

Peza ornamental (iman de neveira) que representa a moeda a localizar no taboleiro de Cortegada. A moeda como tal non se emprega no xogo, pois é unha peza imaxinaria que existe só como apunte na Folla de Dirección do Xogo da persoa que dirixe a partida. En todo caso, o xogador ou xogadora que a atopa pode coller esta peza para representar que está no seu poder.

Pezas comúns a todos os taboleiros

Animais terrestres

Mamíferos, reptís, insectos terrestres e calquera outro animal incapaz de voar e que vive máis na terra que na auga. Inclúe mamíferos parcialmente acuáticos como a lontra ou o visón americano, e tamén os anfibios. Controlados polo DX ou polos PX, en caso de que obteñan unha Tirada de Comunicación exitosa con eles.

Animais voadores

Aves, insectos voadores e morcegos. Todas as aves existentes no territorio do Parque se inclúen neste grupo, independentemente de que algunhas pasén máis tempo en terra ou na auga que no aire. Controlados polo DX ou polos PX que logren unha de Tirada de Comunicación exitosa con eles.

Animais mariños

Peixes, cetáceos e invertebrados mariños (cefalópodos, crustáceos…). Controlados polo DX ou polos DX que logren unha Tirada de Comunicación exitosa con eles.

Embarcacións e Vehículos

Gamela dos soliños ou calquera outro vehículo que o DX decida introducir no xogo. Controlados polo PX capaz de pilotalos.

English (UK)