III- Mecánica do xogo
Event roll
A Tirada de Evento conforma a segunda parte da quenda dun PX, pois faise despois da Tirada de Movemento. Nos casos nos que a Tirada de Movemento non se teña realizado (xa sexa por renuncia do propio PX ou por calquera circunstancia que lle impida mover), farase directamente a Tirada de Evento, sen importar que ese PX xa teña realizado unha Tirada de Evento nese mesmo Eido na quenda anterior.Â
A Tirada de Evento debe facerse en todas as quendas por parte dos PX, cunha excepción: cando o PX se atopa no seu Lar, a onde pode acudir en calquera momento da partida para sandar as súas feridas ou depositar algunha das moedas.
Cando un PX viaxa a lombos dun animal, a Tirada de Evento resólvense do mesmo xeito que se se movesen polos seus propios medios, coa única diferencia dos resultados de accidente.
Na Tirada de Evento, o PX tira o dado. En función dos resultados, acontece o seguinte:
Resultado de 1: “Moeda ou Pista”
Se o PX está nun Eido de terra ou mergullado ata o fondo dun Eido de mar, o DX consulta a GuÃa de Eidos nas Follas de Dirección do Xogo. Se aà ten apuntado que nese Eido está agochada algunha das moedas perdidas, o PX faise con ela. En caso contrario, o DX revela unha pista do paradoiro dalgunha destas pezas.
Se o PX está sobre a superficie do mar (nadando, flotando en situación de Movemento Errante, sobre unha montura que non se ten mergullado ou navegando nunha embarcación) non pode ver o que hai no fondo, polo que lle será imposible atopar moedas e calquera pista sobre elas. Para iso debe ter feito unha inmersión sacrificando a súa Tirada de Movemento, algo que ten que anunciar no momento da Tirada de Movemento. Excepción a isto son os PX mariños ou os PX que viaxan sobre monturas acuáticas (arroaces, quenllas, etc) que poden desprazarse pola superficie do mar e facer inmersións no Eido onde rematan o seu movemento.
Se o PX vai polo aire (a lombos dalgunha montura voadora ou en condicións de Movemento Errante por aire) o PX tampouco divisará moedas ou pistas. Para iso terÃa que ter aterrado antes da Tirada de Movemento, e renunciar a esta. Como se dixo na sección mergullo certas aves teñen a capacidade de facer picados sobre o mar acadar o fondo sacrificando algúns Puntos de Movemento para iso. Na ficha de cada especie indÃcase se pode facer inmersións no mar e cantos PtMv lle custa.
Resultado de 2: “Obxecto”
Se o PX está nun Eido de terra ou mergullado ata o fondo dun Eido de mar o DX comprobará na GuÃa de Eidos se nese punto hai algún obxecto que ese PX poida atopar.Â
Se está sobre a superficie do mar, só encontrará os obxectos que na GuÃa de Eidos se indique que flotan sobre a superficie.Â
Se o PX está no aire (a lombos dalgunha montura voadora ou en condicións de Movemento Errante por Aire) non atopará nada.Â
Resultado de 3: “Planta especial”
Se o PX está nun Eido de terra ou mergullado ata o fondo dun Eido de mar, o DX consulta a GuÃa de Eidos para comprobar se nese Eido hai algunha planta especial, que en función da especie terá certas propiedades curativas ou máxicas.
Se está sobre a superficie do mar, só encontrará as algas que na GuÃa de Eidos se indique que están flotando no mar.
Se o PX está no aire (a lombos dalgunha montura voadora ou en condicións de Movemento Errante por Aire) non atopará nada.Â
Resultado de 4: “Animal natural”
O PX debe facer unha tirada na táboa de fauna (na sección Táboas de Fauna, incluÃda nas Follas de Dirección do Xogo a continuación da GuÃa de Eidos) a táboa correspondente ao Tipo de Eido no que está para ver se atopa algún animal e cal. Se vai voando, debe comprobar os resultados na táboa “Voando”.
Resultado de 5: “Ser máxico”
O DX, logo de mirar a GuÃa de Eidos, comunica ao PX se nese Eido hai algún tipo de ser máxico (un animal máxico, un PNX, un monstro ou o Señor ou Señora das Illas).
Resultado de 6: “Accidente”
O PX sofre un accidente, con distintas consecuencias en función Tipo de Eido no que estea e da forma de desprazamento. Para ver que lle acontece, o PX deberá tirar o dado e o DX comprobará o posible dano na Táboa de Accidentes (que se atopa nas Follas de Dirección do Xogo logo das Táboas de Fauna). Aà aparecerá indicada a Tirada de Dano que deberá facer o PX.