Movemento da curuxa

VMv: (10) *

No xogo, as curuxas desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie da terra (se ben prefiren as ponlas das árbores) non cobren grandes distancias deste xeito. Por ir voando, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: (7) / VE: (11) *

O Valor de Loita (VL) das curuxas é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 11, polo que nas Tiradas de Escape suma 11 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

As curuxas teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Galego