Select Page

Categoría: A illa de Ons a través da vista máxica

A Santa Compaña en Ons

As referencias á Santa Compaña, comúns a toda Galicia, tense conservado especialmente ben en Ons, onde esta funesta comitiva ten quizais unha das súas postas en escena máis espectaculares: cóntase que chega en barca desde a praia da Lanzada, en Noalla, e toca terra na Punta do Centolo, desde onde percorre a illa de norte a sur ata o cemiterio ou ata o Burato do Inferno, segundo as versións. Quen se cruza no seu camiño estará condenado a camiñar con ela ata que outro desafortunado poida ocupar o seu posto.

Read More

Os mouros luparios da Cova da Loba (Ons)

Os mouros luparios son un tipo de mouros malvados, súbditos da raíña Lupa, que viven na zona da Cova da Loba, no norte da Illa de Ons. Os luparios son son da cor da escuridade, e teñen uns grandes ollos amarelos que escintilan como a ollada dos lobos unha noite de invernía. Ven na falta de luz aínda mellor que os seus parentes, os mouros de Canexol, dos que son unha especie de reverso maligno como o é a noite do día. Os luparios empuñan armas de bronce e teñen a capacidade de se converter en gatos negros ou morcegos.

Read More

A moura encantada de Ons, Señora da Illa

No mundo das Illas das Marabillas, esta é unha princesa encantada, antiga soberana dos mouros e mouras da illa, que vive atrapada no interior dun penedo. Só pode saír da rocha ao aloborexar e ao solpor dos días de solsticio, o mesmo día en que os mouros de Canexol se volven luminosos. Mais a maldición que pesa sobre ela a fai disiparse como un bafo e ser absorbida de novo pola pedra se intenta afastarse da súa rocha.

Read More

Os almuices de Ons

No xogo, este pobo é fillo dos djinn ou xenios do folclore bereber, e tería chegado a estas illas cos almorábides que arrasaron as rías galegas galegas nos séculos XI-XII. Como aconteceu con outros seres máxicos, os almuiuces foron minguando de tamaño co tempo e o esquecemento da súa existencia. Actualmente, a súa altura é de apenas unha cuarta. Como estes, grazas ao reducido tamaño e aos moitos séculos de adaptación á vida na illa, os almuices e almuiuzas trabaron unha estreita relación cunha especie de aves, neste caso, cos corvos mariños, entre cuxas colonias se asentaron.

Read More

Os mouros de Canexol (Ons)

Estes seres, típicos do folclore de todas as bisbarras de Galicia, tamén se atopan na illa de Ons, onde teñen o seu lar baixo as ruínas do Castro de Canexol. Os mouros e as mouras están vinculados á terra e ao equilibrio natural do monte, do que son a súa garda e cuxas sendas patrullan as noites de plenilunio a lombos dos seus fermosos cabalos garranos.

Read More
Loading
Galego