Posta en valor do patrimonio material e etnográfico
Descubre a fauna e flora dende o punto de vista dos propios animais
Vive a historia e os segredos arqueolóxicos das illas
Participa dun mundo máxico inspirado no noso folclore
O xogo se trenza con eventos a medio camiño entre as vellas crónicas e as lendas: algúns personaxes habitan baixo os castros, coñecen os segredos dos xacementos romanos, saben usar os petróglifos con fins máxicos e coñecen o emprazamento dos antigos castelos e torres defensivas. As vivendas en ruínas, as embarcacións tradicionais (gamelas de Cíes, dornas de Ons, bucetas de Arousa…) cobran un novo sentido no plano fantástico que habitan estes seres. Incluso a enigmática Laxe do Crego, o túnel dos mouros e a Pedra da Campá, sen esquecer árbores senlleiras como o Carballo Comepedras ou o Piñeiro Manso de Cortegada, adquiren relevancia nas partidas.