Un xogo inmersivo que permite profundar no patrimonio natural das Illas

Descubre a fauna e flora dende o punto de vista dos propios animais

Vive a historia e os segredos arqueolóxicos das illas

Participa dun mundo máxico inspirado no noso folclore

Os protagonistas do xogo, como todos os seres máxicos que aparecen, viven en estreita relación coa fauna e flora das distintas zonas do Parque. A través deles, do traballo feito polo Director ou Directora de Xogo e da súa propia imaxinación, os xogadores e xogadoras poderán descubrir os segredos das illas máis alá das zonas habilitadas para os visitantes. Así, poderán experimentar o que significa mergullarse con polbos e arroaces entre os bosques de gorgonias ou laminaria; explorarán os fondos areosos e as furnas onde durmen os morcegos; saberán o que é voar a rentes do mar coas pardelas ou facer riscosos picados cos mascatos en mar aberto; nadarán coa lontra ata as praias de area, e poderán seguir os laberintos entre as toxeiras como unha cobra de escada ou un lagarto arnal. Os que elixan o pobo minúsculo dos oestrimios se pousarán nas flores de Sálvora coas bolboretas macaón e arlequín, e explorarán os bosques de herba de namorar seguindo a caravana das formigas… 

O enfoque do xogo permite coñecer todos os recunchos do parque, dende todos os puntos de vista. 

Galego