III- Mecánica do xogo

Táboa de Dano

A Táboa de Dano permite traducir o resultado da Tirada de Dano a un efecto concreto sobre a criatura golpeada. Faise aplicando as seguintes equivalencias:

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é igual ou inferior a 1: considérase un golpe Sen Consecuencias (s.c). Enténdese que pode causar algunha mancadura ou rabuño superficial que non afecta a ningunha función clave nin impide á criatura continuar a partida con normalidade.

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é 2: a criatura fica en Shock (xSk)

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é 3: a criatura sofre unha Ferida Leve (xLv)

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é 4: a criatura sofre unha Ferida Grave (xGv)

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é 5: a criatura sofre unha Ferida Mortal (xMt)

♦   Se o resultado da Tirada de Dano é igual ou superior a 6: a criatura é eliminada por mor dunha Ferida Fulminante (xFt)

Galego