Forcadela de Sálvora

 Movemento da forcadela de Sálvora

VMv: 0

No xogo, as forcadelas de Sálvora teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense simplemente cunha tirada de dado, sen engadir bonus ningún. Poden desprazarse por calquera Eido terrestre, pero non por mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás forcadelas de Sálvora cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Calquera Eido de TERRA

4 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 1 / VE: 4

O Valor de Loita (VL) das forcadelas de Sálvora é de 1, polo que nas Tiradas de Loita suma 1 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 4, polo que nas Tiradas de Escape suma 4 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 1

As forcadelas de Sálvora teñen 1 só Punto de Vida, é dicir, morren ao recibir a primeira ferida.

Galego