Movemento do coello
VMv: 10
Os coellos móvense exclusivamente por terra. No xogo, teñen un Valor de Movemento (VMv) de 10 , polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda de movemento establécense engadindo 10 puntos ao resultado dunha tirada de dado.
A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos coellos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)
1 PtMv
Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE
1 PtMv
Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS
1 PtMv
Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES
1 PtMv
Eido de ZONA URBANA
1 PtMv
Parada dun CAMIÑO
1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 3 / VE: 10
O Valor de Loita (VL) dos coellos é de 3, polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 5
Os coellos teñen 5 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a quinta ferida.