Gaivota escura

Movemento da gaivota escura

VMv: (10) *

No xogo, as gaivotas escuras desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie do mar o da terra non cobren grandes distancias deste xeito. Como van voando, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Mergullarse – 5m. no mesmo Eido

As gaivotas escuras poden mergullarse ata un máximo de 5m de profundidade nas súas inmersións. Só poden mergullarse no Eido no que se atopan, o que lles obriga a renunciar a Tirada de Movemento nesa quenda.

Loita e Escape – VL: (7) / VE: (11) *

O Valor de Loita (VL) das gaivotas escuras é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 11, polo que nas Tiradas de Escape suma 11 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

As gaivotas escuras teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Galego
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.