Movemento da píntega

VMv: 0

No xogo, as píntegas teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense simplemente cunha tirada de dado, sen engadir bonus ningún. Poden desprazarse só por Eidos de campos, matogueiras, toxeiras, bosque ou xunqueiras. Non poder nadar no mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás píntegas cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

3 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

3 PtMv

Eido de MATOGUEIRAS ou CAMPOS

3 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

3 PtMv

Eido de ZONA URBANA

3 PtMv

Non se mergullan no mar

Loita e Escape – VL: 2 / VE: 5

O Valor de Loita (VL) das píntegas é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 5, polo que nas Tiradas de Escape suma 5 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

As píntegas teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

Galego