Select Page

IV- Mecánica do xogo

Subir a un vehículo abandonado presente no taboleiro

Pode acontecer que un PX chegue a un Eido onde haxa un vehículo abandonado por outro PX, por exemplo unha embarcación varada na costa. Nestes casos, o PX pode empregalo só se ten un CT (Categoría de Tamaño) incluída no rango de CT que se recolle na ficha do vehículo na cela “CT de criaturas que poden pilotala”. O mesmo acontece coas armas e armaduras: se ben como resultado de vencer a outro nunha Loita, un PX pode apropiarse das súas armas e armadura, isto está condicionado a que o PX teña o CT adecuado para facer uso destes obxectos. Na ficha de cada arma e armadura vén recollido o rango de CT necesario para iso.

Galego