III- Mecánica do xogo

Regras de movemento entre Eidos

Dende un Eido, de mar, terra ou aire só se pode acceder aos Eidos adxacentes. Considéranse adxacentes os Eidos que comparten algún dos seus lados, non aqueles que se tocan polas esquinas.

Lémbrese que no mar as fronteiras con liñas continuas e descontinuas teñen o mesmo valor. Do mesmo xeito, as fronteiras de liñas brancas grosas descontinuas -que marcan os límites das Rexións terrestres- funcionan igual que o resto das fronteiras a efectos de movemento.

Excepción a esta norma son movementos seguindo os camiños: neste caso, ignoraranse as fronteiras entre os Eidos e só se terán en conta as Pousas (os círculos sobre os Camiños).

Galego