Select Page

IV- Mecánica do xogo

Recoller e transportar as moedas

Cando un PX atopa unha das moedas perdidas, pode simplemente recollela. Interprétase que a leva gardada nun peto ou bolsiña especial (no caso dos almuices, por mor da súa pequena talla, a atan con cintas ás costas).

Excepción a isto son a xente cativa e os oestrimios: estes seres diminutos non poden levantar nin sequera as pezas máis pequenas, polo que precisan da axuda de animais aliados, como se describe no seguinte epígrafe. Pode darse que atopen a moeda cando se moven por Eidos de terra polo seu propio pé e nese momento non teñan medios para transportala. Nese caso, deberán buscar un animal de carga, facendo Tiradas de Evento nese mesmo Eido ou en calquera outro ata dar coa especie axeitada. Mentres tanto, dado que a ubicación da moeda xa foi desvelada (salvo que esta se transmita en segredo en partidas competitivas), calquera outro PX pode achegarse a ese Eido e facerse con ela.

Transportar dúas moedas

Cando un PX atopa unha moeda pode elixir se levala ao seu Lar ou seguir buscando a outra (nos taboleiros nos que haxa dúas). Nas partidas xogadas en modo competitivo, esta segunda opción entraña o perigo de que outro PX asalte ao PX que leva a moeda e lla roube, pois o PX que vence a outro nun combate, pode facerse con todos os seus bens.

Galego