Select Page

IV- Mecánica do xogo

PX que carga con outro PX

Un PX pode trasladar a peso a outro. Isto permite, por exemplo, levar ao seu Lar a un PX que sofre unha Ferida Mortal e non se pode mover só. As regras neste caso son as seguintes:

♦   O valor de CT (Categoría de Tamaño) do PX que leva ao outro debe ser igual ou superior ao deste.

♦    Se o valor do CT do PX que carga co outro supera en máis de 2 puntos ao do PX transportado, o primeiro non sufrirá ningunha restrición ao seu desprazamento. En caso contrario  (é dicir, cando o PX que carga ten o mesmo CT ou só ten 1 punto ou 2 máis), só poderá avanzar un Eido de terra por quenda e non poderá atravesar cantís. Ademais, no mar deberá facer dúas tiradas e escoller o resultado máis baixo.

Galego