Seres máxicos de Ons

Os mouros luparios da Cova da Loba (Ons)

No extremo norte de Ons hai indicios de que existiu outro castro, na zona coñecida como Cova da Loba, un saínte no que se abre unha furna mariña. Como a tradición di que baixo cada castro de Galicia viven aínda os mouros, e tendo en conta o nome desta furna, no mundo das Illas das Marabillas habitan baixo este castro, que se comunica por túneles subterráneos coa citada cova mariña, os mouros luparios, un tipo de mouros malvados, súbditos da raíña Lupa. Os luparios son son da cor da escuridade, e teñen uns grandes ollos amarelos que escintilan como a ollada dos lobos unha noite de invernía. Ven na falta de luz aínda mellor que os seus parentes, os mouros de Canexol, e son temidos por estes, dos que son unha especie de reverso maligno como o é a noite do día. Os luparios empuñan armas de bronce e teñen a capacidade de se converter en gatos negros ou morcegos.

Galego