I- Aspectos xerais

Obxectivo do xogo

O obxectivo dos PX é atopar dúas antigas moedas (unha soa no caso de Cortegada) agochadas polo DX nalgún recuncho do taboleiro, e levalas a un Lar do seu pobo. Os Lares son as goridas nas que viven os PX dunha determinada especie. Cada PX comeza a partida no seu Lar.

Antes da partida, o DX apunta en segredo o número de Eido (No xogo chámanse Eidos as cuadrículas en que se divide o taboleiro) na que quere situar cada moeda.

Os imáns redondos que representan as moedas teñen unha simple función ornamental e non se colocan sobre o taboleiro, pois a localización destas cobizadas pezas debe permanecer oculta aos PX. 

Galego