Select Page

IV- Mecánica do xogo

Movemento a lombos de animais ou a bordo de vehículos

Os personaxes das Illas das Marabillas poden cabalgar distintas especies de animais e subir a bordo de embarcacións, submarinos ou carros. Cando un PX viaxa deste xeito, teranse en conta as regras de movemento especificadas na ficha desa especie animal ou tipo de vehículo.

Un PX que vai a lombos dunha montura voadora debe indicar ao comezo da súa quenda se permanece no aire ou se pousa no chan (ou na superficie do mar) do Eido que sobrevoa. Se elixe continuar co voo, poderá facer unha Tirada de Movemento e trasladarse á velocidade que lle permita a súa montura. En caso de que decida pousar, non poderá facer Tirada de Movemento nesa quenda, mais a cambio poderá buscar a moeda, obxectos e plantas especiais, elementos que non pode divisar dende o aire, como se explica na sección da Tirada de Evento. Ademais, os accidentes en terra ou sobre a superficie do mar adoitan ser menos perigosos que no aire.  

Excepción a esta regra son ás aves que poden voar e mergullarse nunha mesma quenda: ao volver a superficie levantarán o voo inmediatamente, de xeito que a seguinte quenda estarán de novo no aire.

Galego