III- Mecánica do xogo

Modificadores das armas e armaduras

Todas as armas poden ter o seguintes modificadores, que se empregan nas Tiradas de Loita:

Bonus de Loita (bL) 

Este modificador representa a vantaxe que dan as armas medias e longas e os escudos nas maniobras de ataque e defensa dunha loita. As armas curtas, como os puñais ou coitelos, e as armas de ataque a distancia, carecen del. Hay tres tipos de bL:

♦   bLA: emprégase nas Tiradas de Ataque. É propio das armas medias e longas.

♦   bLD: emprégase nas  Tiradas de Defensa É típico dos escudos, se ben as armas longas tamén teñen un mínimo bLD.

♦   bLO: emprégase nas  Tiradas de Obxectivo, como resposta a unha Tirada de Ataque a Distancia. É exclusivo dos escudos.

O bL exprésase como x/y/z, onde “x” é o valor de bL A, “y” o bLD e “z” o bLO.

♦   Así, por exemplo, as armas medias (armas non moi longas: dagas, machados pequenos, etc) teñen un bL de 1/0/0, o que significa que suman 1 ao VL do personaxe que as esgrime nas Tiradas de Ataque, mais non dan ningún tipo de vantaxe nas Tiradas de Defensa ou de Obxectivo. 

♦   As armas longas (espadas, machados grandes, lanzas, paus..) teñen un bL de 2/1/0, é dicir: suman 2 ao VL nas Tiradas de Ataque, 1 nas Tiradas de Defensa e 0 nas Tiradas de Obxectivo.

♦   Os escudos pequenos teñen un bL de 0/2/1. Isto interprétase como que non aportan ningunha vantaxe ao VL nas Tiradas de Ataque pero suman 2 ás Tiradas de Defensa e 1 ás Tiradas de Obxectivo. Os escudos grandes teñen un bL de 0/3/2, polo que funcionan igual que os escudos pequenos mais aportando un bonus maior ás Tiradas de Defensa e de Obxectivo.

Nivel de Ataque (nA) das armas (bonus do agresor nas Tiradas de Dano)

Cada arma ten indicado na súa ficha o seu propio nA, que se emprega nas Tiradas de Dano como bonificador ao nA propio (corporal) do personaxe que a esgrime.

Así, cando un personaxe logra impactar a outro nunha Loita (é dicir, cando o supera nunha Tirada de Ataque corpo a corpo ou nunha Tirada de Ataque a distancia), suma ao seu propio nA o nA da arma que empregou. Este valor de nA total será o que teña en conta na Tirada de Dano.

Nivel de Resistencia (nR) de armaduras (bonus da vítima nas Tiradas de Dano)

O nR das armaduras intervén nas Tiradas de Dano como plus ao nR propio do personaxe que recibe o golpe. Representa a capacidade da armadura para aminorar o dano recibido por quen a leva. Así, se un personaxe leva posta unha armadura, nas Tiradas de Dano terase en conta o nR resultante de sumar o nR corporal do personaxe e o nR da súa armadura.

Os cascos e outros elementos de protección pasiva que pode levar postos un personaxe tamén se consideran armaduras. Polo tanto, se un personaxe leva unha armadura cun nR de 2 e un casco cun nR de 1, sumará 3 puntos de bonus ao seu nR propio.

Galego