Seres máxicos das Cíes

María Soliña,
Señora das illas Cíes

María Soliña foi unha muller de Cangas de familia acomodada, que viu morrer ao seu home e ao seu irmán no terrible ataque dos piratas berberiscos á vila en 1617. Disque a súa tristura a levaba cada noite á praia, onde faleceran os seus. Este feito, unido ao estrés postraumático que debía padecer, fixeron que se lle acusara de bruxería por parte da Inquisición, confabulada con un grupo de terratenentes locais que viran minguadas as súas rendas polo ataque dos piratas e arelaban o patrimonio familiar de Soliña. Así, ela e outras oito mulleres da vila, foron sometida a escarnio público e a torturadas para lles arrincar unha confesión de culpabilidade. O crime que envolve a súa historia, unido ao feito de non ter aparecido nunca a súa partida de defunción, engrosou a súa lenda. 

No xogo, a pantasma de María Soliña aparécese algúns días de néboa na praia dás Figueiras, a bordo dunha chalana, ou ben na Pedra da Campá, a onde sobe para contemplar o mar aberto. Cando se atopa nese lugar, se o vento é favorable, soliños e rabusos poden sentir o sinistro tanxer da campá que anuncia a súa chegada. Saben entón que, se queren falar con ela, contan con cinco Quendas para achegarse ata aló antes de que se evapore entre a brétema.

Galego