III- Mecánica do xogo
Limitacións ás Tiradas de Evento para os PX en función das feridas que sofren
Salvo se está sendo curado nun Lar da súa especie ou dun PX amistoso, un PX ferido, incluso cunha Ferida Mortal, terá que facer a Tirada de Evento en todas as súas quendas.
Se se está curando -por si mesmo ou por outro PX- fóra dun Lar, teranse en conta só os resultados da Tirada de Evento de 4 (“Animal Natural”) ou 5 (“Ser máxico”). Interprétase que nesa situación non ten posibilidade de detectar a moeda, obxectos ou plantas especiais, pero si pode xurdir un animal natural ou un ser máxico.
Se non está sendo atendido e sofre unha Ferida Mortal, tres Feridas Graves (que o deixan inmobilizado) ou un Shock, teranse en conta os resultados de 4, 5 e 6 da Tirada de Evento. Enténdese que, malia estar prostrado, pode sufrir “Accidentes” (sempre pode esvarar da superficie onde se atopa e caer por un cantil, recibir o golpe dunha rama arrincada polo vento, ser alcanzado por unha onda se está sobre un penedo á beira do mar, etc). Se padece feridas que non lle impiden moverse nin se atopa en estado de Shock, teranse en conta todos os resultados da Tirada de Evento.