I- Aspectos xerais

Explicación das zonas de mar

Os tipos de fondos mariños e os bosques de algas

Na parte mariña do taboleiro represéntanse formas coloreadas con nomes en latín. Son bosques de algas e outros tipos de fondos mariños, como os fondos de Maërl ou os conformados por distintas clases de areas. Algunhas especies de algas teñen unha función no xogo, como se verá, e a ubicación das zonas mariñas onde medran pode servir como orientación aos PX que queiran atopalas.

Os niveis de profundidade

As liñas de profundidade do mar (batimetría) veñen indicadas nos taboleiros por liñas brancas borrosas que delimitan áreas de profundidades máximas de 5 m., 10 m., 20 m., 50 m. e máis de 50 m., como sinalan algunhas inscricións sobre estas áreas.

Galego