Seres máxicos das Cíes

Os demiños das Cíes

Os demiños son uns minúsculos seres, do tamaño das pingas de humidade do aire, que nacen sobre os fentos da valgada da illa de Monteagudo na alborada de San Xoán. Durante séculos, foron capturados polas meigas do Morrazo, a quen servían, mais contra as que a miúdo se revelaban e ás que acababan posuíndo. Porque se ben é certo que os demiños obedecerán a todo aquel que os atope, no momento no que non se lles da unha tarefa poden acabar atacando ao seu dono.

Español