Select Page

IV- Mecánica do xogo

Enviar un animal a cumprir unha misión

Un PX pode enviar un animal axudante a un determinado Eido para cumprir unha misión, a cal pode ser:

Nas partidas colaborativas:

♦   Rescatar a un PX que está a punto de morrer afogado

♦   Asistir a un PX que está ferido e non se pode mover (neste caso pode cargalo ao lombo ou ben levarlle algunha planta especial para que el mesmo se cure)

♦   Recoller a un PX que está bloqueado nun lugar do que non pode saír ou prefire non intentalo (por exemplo, nun illote, na repisa dun cantil, etc).

En calquera destes casos, o PX rescatado non deberá facer ningunha Tirada de Comunicación con ese animal para cabalgalo, pois este xa estará controlado polo outro PX. O PX que envía ao animal pode decidir se transfire o control do mesmo ao PX rescatado (de xeito que o animal pasa a ser aliado deste) ou se mantén o control e segue a ser el quen move a peza do animal que transporta ao PX rescatado. Se decide transferir o control, o animal pasará a ser aliado do outro PX sen que este teña que facer unha Tirada de Comunicación. En calquera caso, o PX rescatado si terá que facer unha Tirada de Control de Montura en caso de sacar un resultado de accidente nunha Tirada de Evento mentres está a ser transportado por ese animal.

Nas partidas competitivas:

♦   Atacar a outro PX. Neste caso, o PX atacado non poderá facer unha Tirada de Comunicación para poñer da súa parte ao animal, pois este xa estará controlado polo PX que o envía. En consecuencia, o animal enviado atacará ao seu obxectivo aínda que sexa dunha especie amigable para el.

Limitacións dos animais aliados que se moven de xeito independente polo taboleiro

Ningunha criatura distinta dos PX fai Tiradas de Evento, polo que os animais aliados que se moven polo taboleiro non poden sufrir accidentes nin atopar obxectos, plantas, outros animais ou personaxes. Se non levan un PX ao seu lombo ou viaxando ao seu carón (ou que está no mesmo Eido que eles), tampouco poderán ser enviados a recoller a moeda ou calquera outro obxecto cuxa ubicación sexa coñecida, salvo en situacións en que se indique o contrario de xeito expreso.

Galego