I- Aspectos xerais

Animais máxicos, monstros, PNX e SDI

En principio, cada animal natural e ser máxico controlado polo Director ou Directora do Xogo (DX) pode ter unha relación amigable, neutral ou hostil para cada tipo de PX. 

Nesta versión das regras, todos os monstros e PNX teñen un carácter hostil para os PX, aínda que nas fichas destes non se marque un modificador negativo para eles (non se sinala porque os PX non teñen nin sequera a posibilidade de intentar comunicarse con eles), e todos os SDI son amigables. 

Un animal é amigable para un PX cando ese PX ten un modificador positivo para ese animal na sección VcAn da súa Ficha de PX.

Un animal é hostil para un PX cando ese PX ten un modificador negativo para ese animal na súa Ficha de PX.

Un animal é neutral para un PX cando ese PX non ten un modificador nin positivo nin negativo para ese animal na súa Ficha de PX (é dicir, cando este animal non aparece listado).

Todas as criaturas ao servizo dun PX asumen o status (amigable, neutral ou hostil) respecto ás demais criaturas que ten o PX que as controla. 

Galego