III- Mecánica do xogo
Afogamento
Calquera resultado de “afogamento”, ou cando se di que un personaxe ou animal “afoga”, debe entenderse como que afunde na auga e non pode respirar. Sobrevivirá só ata a súa seguinte quenda (incluída), de xeito que, se outro personaxe ou animal non o rescata antes de que chegue esta -ben porque se achega ata alí ou ben porque o atopa na Tirada de Evento desta quenda-; a criatura morrerá.